O túnel romano de A Louseira en Romeor, Cova do Penedo ou Galería da Antiga é un túnel construído no século I d.C. Se ben, este non é como tal un xacemento arqueolóxico, si que formou parte dun amplo complexo mineiro de extracción de ouro en época altoimperial.As explotacións acuíferas de O Courel foron moi importantes para o imperio Romano. Con cerca de 60 m de lonxitudo e 1.2m de ancho e unha altura que chega aos 1.8m, o Tunel de A Louseira é unha magnífica estrutura f que forma parte dunha canle que subministrou auga ás explotacións mineiras romanas de Torubio, O Broncedo e os Buracois.
Louseira
DE San Romao de Parada
ate o Cebreiro ofrecidos
os amantes en silencio
mirándose de contino.
Por Moreda ós Chaos de Outeiro
polo castelo rocheiro
su Mostaz a Pontalor
e por Pacios do Señor
por San Roque ó Cebreiro.
Por Campelo e Chan de Pena.
Polo Real de Parada
por onde baixaba a vena
para Savane. E por Piñeira
entre a Toca i a Louseira
cara Pacios por Lousada
Fondestela ou Valorqueira.
POLA Louseira i a Toca
por Valorqueira i o Castro
seguindo o antigo rastro
por onde o Norte emboca.
Ver a Casa do Señor
que desfigurada morre
a da eirexa por torre
a do dobre mirador.
E volta para o Cebreiro
á ermida que foi mosteiro.