Lor

O río Lor é un río da provincia de Lugo (Galicia) que discorre polas montañas da Serra do Courel.Ten 54 km de lonxitude, e a súa cunca é de 372 km². Nace en Fonteboa, no de Pedrafita del Cebreiro, recorre a Serra del Courel de norte a sur, no municipio de Folgoso de Courel, e finalmente dá as súas augas ao río Sil en Augas Mestas, municipio de Quiroga, unha aldea hoxe baixo as augas dun embalse. Os seus afluentes máis importantes son os ríos Lóuzara e Pequeno. Desembocando no río Sil.O poeta courelá Uxío Novoneyra escribiu varios poemas sobre o río.

DE Visuña ó Couto.
…………
Se a neve apura
do Couto ó souto
en dereitura.

Ou por Lago ós Chaos de Outeiro
por en de frente do Fedo
por debaixo de Campelo
polo Real do Carbedo de cara o torrepenelo
cara o castelo rocheiro
no que inda está Dona Ildara
posta na fiestra para Tara
vendo o camiño i o Lor
anque sin ver que se move
oindo o ampre rumor
que do val ate ela sabe
e atendendo ó seu señor.
O mesmo que ó outro lado
pola banda da Seara
nun covallo anseiosa
agarda Dona Briosa.
Ambas agardan por el
entre aldeas lenes fumes
/a coor do ucedo nos cumes /
cal se agarda no Courel.

Lor

MANXAR memoria! Ir ó Courel oir falar a Terra
á Devesa da Rogueira
catar as augas e oler o bosque da árbore primeira
i á Campa da Lucenza onde o silencio berra.

.

TROITAS do Lor!
Mel doce agre sabor!
Carneiro e cabrito!
Hovos en pan frito!
Chourizo a cinsa en papel mollado!
Xamón curado
asado a brasa ou cocido enteiro
no caldeiro!
A pata fora saca
saca fora a pata.
Corza fresca o queixo de farraca!
Frebas costrelas filloas da mata!

Trigo gris
do país
e augardente de arandos
ós candos!

Castañas secas cocidas
asadas ou en burgó
e un bo
quiroga bierzo ou valdiorres de marcas ou de
/           casas coñecidas
que amais do que se leva gardan ritos pausas
/           perdidas!

Lor

SOÑARA en ir como fora
e pararme á vista dela
xusto mesmo á miña hora.
1993

Óllase alá Compostela
na tarde. Veño do Lor
cabalgo sólo por vela.

Traigo no peito unha door
que non ten nome contado
traigo cantigas de amor

i as en de amigo traslado.
1954

Lor