Liñares

Santo Estevo de Liñares é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. A igrexa parroquial de Santo Estevo foi fundada a finais do século VIII e restaurada en 1963. De feitura similar á de Santa María do Cebreiro, ten unha soa nave de planta rectangular e torre cadrada. No interior destaca un retablo barroco.

DO Carbedo i Esperante
su Mostad a Pontalor
cara Pacios do Señor
o da torre de levante.

Grandalonga i o Hospital
pro Cebreiro por Liñares
levando de cara Ancares
esquecido o Grial.

Liñares


POLO Real de Parada
por Savane e por Piñeira
Pontalor e Fondestela
cara Pacios de Lousada
o solar da miña mai.
Polas rotas do meu pai
i a miña irmá cabaleira.
Coma se fora candi-el
como se fora candi-ela
a Pedrafita á feira.
Por Grandalonga e Liñares
deixando a do Courel
pola vista dos Ancares.

Liñares

DE cara a Triacastela
polo cimeiro vial
por Liñares i o Hospital.
E se a terra tremela
derregar para Louzarela.

E por Gondriz a Parada
por Padrocelos i a Pedra
rubir e ver como medra
ver do cimo a rodeada.

Liñares