Lalín

Lalín é un municipio de España, na provincia galega de Pontevedra, e unha cidade, capital de dito municipio e da comarca do Deza. Cunha extensión no seu término municipal de 326 km², é o municipio máis grande de Pontevedra e o cuarto de Galicia.O clima lalinense é Atlántico húmido. Chove con frecuencia e a temperatura media anual é aproximadamente de 12 °C.

ENCONTRAR o Cebreiro atrancado
e ciar pola neve derrotada.
Esbarar ó Valcarcel en irado
volver por Vilafranca a Ponferrada.
Valdiorres Petín Montefurado
Torrenovais Quiroga i a Labrada.
Barxa de Lor Brollón Monforte alzado
cercado pola propia mirada.
Bóveda Oural e Sarria. Retomado
o Camiño trala longa rodeada.

Valdiorres Petín Montefurado
Torrenovais Quiroga i a Labrada.
Barxa de Lor Monforte Tor Chantada.
Atrousar polo Faro neve xeada.

Rodeiro Lalín Silleda de tirada
e ter o Pico Sacro en de lado
despois da máis longa derivada.
Mirar todo branco alisado
hastra mesmo Santiago a nevarada.

Lalín