A Serra do Oribio (referida a veces tamén como Iribio o Airibio) é unha das serras orientais de Galicia. Esténdese en dirección E-SO por terras dos municipios de Samos e Triacastela. Está limitada ao norte polo vale do Rio Oribio (o Rio Sarria) e ao sur polo río Lóuzara. O punto de maior elevación é o pico Oribio, con 1.447 metros sobre o nivel do mar. Na vertente oeste nace o río Oribio (río Sarria, a partir ol límite municipal de dita localidade) e varios dos seus afluentes e na leste, o Lóuzara.A serra está catalogada como ZEC (zona especial de conservación) Os Ancares-Courel, Red Natura 2000, así como ZEPVN (zona de especial protección dos valores naturais), con ‘destacada riqueza en valores etnográficos e culturais’. No año 2019, a serra foi proposta de forma oficial como integrante da candidatura conxunta Ribeira Sacra elas Serras do Oribio e O Courel para aspirar á categoría de Reserva da biosfera pola UNESCO.
Iribio
PASADAS tódalas Francias
por Ocitania ou Gascuña
ou de París a Iruña
xa diluidas distancias.
A Aragón por Cataluña
ou polo Norte por Son.
En pasádalas Navarras
as cadeas e as barras.
Pasados León e Castela
por Castela a León.
En pasado Monte Irago
e xa na Lingua de Galicia
Ponferrada e Vilafranca
deixando a chaira estanca
enas mesmas portas dela.
O Valcarce e sin perguicia
/as penas de garamela/
apeitar para o Cebreiro
polo marcado carreiro
que a neve volve vago.
Encarar o porto incerto
o longo cerengo aberto.
A un lado i autro del
todo o horizonte en vela
os Ancares i o Courel.
Pasada Triacastela
do Iribio as faldras fago.
E por Samos Sarria a Lugo.
Oh Lugo a ti me adugo
e sólo por ti me arredo
que ben mereces desandes!
Ver a Ponte a antiga vía
a Muralla a Catedral
de Dona Santa María
o Coro e o Grial.
E ver fincadas rezar
coma co antigo medo
poñer a súa alma núa
didiante dos Ollos Grandes.
E despois de rodear
de rodear e de estar
que non se fai o camiño
sólo para rematar
cruza e debruza no Miño:
Portomarín sulo lago.
Palas Melide Arzúa
E logo xa Compostela
/Monxoi! Eoi! Ei Santiago /
e pararme á vista dela
mirar como eu o fago.
1993