Horreos

San Pedro de Hórreos é unha parroquia e lugar do municipio de Folgoso do Courel, na provincia de Lugo, Galicia. É a parroquia máis oriental do municipio, limitando coa provincia de León polo leste. Ao norte limita coa parroquia de Visuña e ao oeste coa de A Seara, no municipio de Quiroga. Está situada a 1032 m. de altura. Esta aldea estivo deshabitada durante máis de 20 anos, pero na actualidade viven algunhas familias.

ENCONTRAR no Cebreiro a atrancada:
neve folga no tourón basada.
De polvoriña e xistra rexeitado
á Faba i a Lagúa a arrecadadas.
Esbarar ó Valcarcel en irado
a favor das barras aguzadas.
Repetidas súpetas petadas
entre piornos tornos xestas
hastra o val das augas batanadas.

Das Ferrerías á Veiga i Ambasmestas.
Volver por Vilafranca á empinada
por Corullón e Oencia /por Vilarrubín
a Ferramulín /pasadas Vilarrubín
Ferramulín Horreos pechado /
Hastra a Boca do Couto i a Parada.

Por Savane á Pedra nova remontada
cruzando o Courel de lado a lado.
E por Lóuzara /Padrocelos de Martín
trovador / Hastra Samos. Retomado
o Camiño tra-la corta rodeada.

Hórreos