Grial

En 2012 aprobáronse as novas armas da cidade de Lugo en substitución da versión de 1942. Estas contaron con corrección histórica por parte de Eduardo Pardo de Guevara e Valdés. onde se describe o seguinte: ‘De azur (azul), la torre donjonada de plata (branco), aclarada de gules (rojo), acostada de dos leones afrontados de oro (amarelo), lenguados y armados de gules, y surmontada del cáliz de oro, con la hostia de plata, radiante de oro, flanqueado de dos ángeles orantes sobre nubes, al natural. Bordura de plata con la consabida divisa «Hoc hic mysterium fidei firmiter profitemur» en letras de sable (negro). Al timbre, la corona real’.

PASADAS tódalas Francias
por Ocitania ou Gascuña
ou de París a Iruña
xa diluidas distancias.
A Aragón por Cataluña
ou polo Norte por Son.
En pasádalas Navarras
as cadeas e as barras.
Pasados León e Castela
por Castela a León.
En pasado Monte Irago
e xa na Lingua de Galicia
Ponferrada e Vilafranca
deixando a chaira estanca
enas mesmas portas dela.
O Valcarce e sin perguicia
/as penas de garamela/
apeitar para o Cebreiro
polo marcado carreiro
que a neve volve vago.
Encarar o porto incerto
o longo cerengo aberto.
A un lado i autro del
todo o horizonte en vela
os Ancares i o Courel.
Pasada Triacastela
do Iribio as faldras fago.
E por Samos Sarria a Lugo.
Oh Lugo a ti me adugo
e sólo por ti me arredo
que ben mereces desandes!
Ver a Ponte a antiga vía
a Muralla a Catedral
de Dona Santa María
o Coro e o Grial.
E ver fincadas rezar
coma co antigo medo
poñer a súa alma núa
didiante dos Ollos Grandes.
E despois de rodear
de rodear e de estar
que non se fai o camiño
sólo para rematar
cruza e debruza no Miño:
Portomarín sulo lago.
Palas Melide Arzúa
E logo xa Compostela
/Monxoi! Eoi! Ei Santiago /
e pararme á vista dela
mirar como eu o fago.

1993

Grial

DO Carbedo i Esperante
su Mostad a Pontalor
cara Pacios do Señor
o da torre de levante.

Grandalonga i o Hospital
pro Cebreiro por Liñares
levando de cara Ancares
esquecido o Grial.

Grial

ANDAR a Muralla i a Praza Maior
cimo ó fondo do fondo ó cimo. Escoitar
nos ollos o oculto rumor
de tapados desmandes.
Ir a Catedral:
O Grialcontino! O labrado Coro!
E ver rezardiante dos Ollos Grandes.
E se hai tempo e fai bon
e se acai a estación
-bourear de estorniños-
o Mapa d-Auga o Estanque dos Ciños
o loro o pavo real do Parque modernista
e a vista dende o Mirador:
o río o val i a ponte o gris-Grandíono último monte.

Grial