Fonte da Rosa

A Fonte da Rosa encóntrase na aldea de Moreda, xunto á casa de Celeiro, no medio da aldea, a 760 metros de altitude, fronte á famosa reserva botánica da Devesa da Rogueira, na parroquia de San Xoán de Seoane, no Concello lucense de Folgoso do Courel.



DE Parada a Moreda
tan perto unha da outra.
Ésta na banda do sol
e aquela na da sombra.
Da Fonte do Carabel
ate a Fonte da Rosa.

Fonte da Rosa