Fonlor

Fonlor é un lugar da parroquia de San Martiño de Zanfoga no concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 9 habitantes (4 homes e 5 mulleres).A igrexa parroquial de San Martiño de Zanfoga ten tres naves, cruceiro, sancristías e atrio cuberto. No interior conserva un retablo de estilo renacentista e imaxes da Nosa Señora do Carme e outra representando o inferno. Hai unha cruz parroquial de prata do século XVII.

Dendes de Pacios

POR Fontes e Grandalonga
ó Chao de Veiga de Forcas
a Fonlor e Fonteboa
por Rubiais a Zanfoga
Brañas e Fonteformosa.

Polos Arcos a Trabazas
a Sixto e Chan de Pena
a Sampedro e Riucereixa
e pararse na lembranza
do famoso Sinchaqueta.

Por Lousada a Noceda
por Santalla a Rabaceira
polo Seixo a Louzarela.

Fonlor