Fondestela é un microtopónimo asociado a unha parcela de monte da parroquia de Lousada, na parte norte da Serra do Courel e pertencente ao Concello de Pedrafita do Cebreiro.
Fondestela
DE San Romao de Parada
ate o Cebreiro ofrecidos
os amantes en silencio
mirándose de contino.
Por Moreda ós Chaos de Outeiro
polo castelo rocheiro
su Mostaz a Pontalor
e por Pacios do Señor
por San Roque ó Cebreiro.
Por Campelo e Chan de Pena.
Polo Real de Parada
por onde baixaba a vena
para Savane. E por Piñeira
entre a Toca i a Louseira
cara Pacios por Lousada
Fondestela ou Valorqueira.

POLO Real de Parada
por Savane e por Piñeira
Pontalor e Fondestela
cara Pacios de Lousada
o solar da miña mai.
Polas rotas do meu pai
i a miña irmá cabaleira.
Coma se fora candi-el
como se fora candi-ela
a Pedrafita á feira.
Por Grandalonga e Liñares
deixando a do Courel
pola vista dos Ancares.