Ferrerías

Las Herrerías é unha localidade do municipio de Vega de Valcarce na comarca leonesa do Bierzo. Atópase situada ao oeste da capital municipal, no val do río Valcarce e a uns 675 metros de altitude.A Igrexa de San Julián, dunha sola nave, é de estilo barroco-neoclásico e data do século S.XVIII.Existe unha ferrería que se encontra en bo estado de conservación. Dentro do complexo da ferrería existe un muíño aínda en funcionamento. No pobo tamén hai unha fragua. Hai restos dun par de castros: o de San Cristobo, onde se poden apreciar restos tanto de tumbas como óseos, e o de Peredo, situado no Barrio de Hospital, onde se poden apreciar algúns fosos e restos de parede. Á entrada do pobo existe unha ponte que data do século XV.

¡CAPELOSO lomba núa!

E volta para Vilafranca
pola Faba i a Lagúa
a las Ferrerías y a Veiga
as Ferrerías i a Veiga.
Cabalo de ancha anca!
Tropear que o camiño ateiga!

E cos primeiros destelos
coa auga pola rúa
cruzar a vila cal viña
pandeado no cabalo
facendo o canto do galo
O Galo de Val de Fariña
para A Cruz de Cacabelos.

Ferrerías