Ferramulín

Ferramulín está situada a 807 m. de altura no límite entre as provincias de Lugo e León, tem unha capela dedicada a San Francisco, que pertenceu á Orde dos Cabaleiros de Santiago.Nesta aldea podemos encontrar aínda un muíño en funcionamento, situado no centro da aldea. Nesta zona, onde se xunta o río Visuña e o Selmo, pódense ver pequenas construcións agrícolas-gandeiras que xurdiron da necesidade xerada polas labores da sega e do pastoreo, que constitúen un bo exemplo da arquitectura popular da serra. Estas estruturas abundan noutras zonas de O Courel e xeralmente están apartadas dos núcleos principais de poboación. Na primeira subida, ao saír desta última localidade, xusto nunha curva á esquerda, está a sinalización da baixada á Fervenza de Vieiros á que podemos acceder realizando un pequeno recorrido a pie. É tamén visible desde o alto si continuamos a estrada uns cantos metros.

ENCONTRAR no Cebreiro a atrancada:
neve folga no tourón basada.
De polvoriña e xistra rexeitado
á Faba i a Lagúa a arrecadadas.
Esbarar ó Valcarcel en irado
a favor das barras aguzadas.
Repetidas súpetas petadas
entre piornos tornos xestas
hastra o val das augas batanadas.

Das Ferrerías á Veiga i Ambasmestas.
Volver por Vilafranca á empinada
por Corullón e Oencia /por Vilarrubín
a Ferramulín /pasadas Vilarrubín
Ferramulín Horreos pechado /
Hastra a Boca do Couto i a Parada.

Por Savane á Pedra nova remontada
cruzando o Courel de lado a lado.
E por Lóuzara /Padrocelos de Martín
trovador / Hastra Samos. Retomado
o Camiño tra-la corta rodeada.

Ferramulín