Fedo

A Serra do Courel propiamente dita presenta unha morfoloxía oi complexa, extremadamente quebrada e movida, na que alternan vales profundos e moi encaixados, como os de Romeor, Seoane, Visuña ou A Seara, cunha sucesión de cimas curvas con ladeiras moi escarpadas, o que se traduce en fortes desniveis altitudinais. Entre as súas alturas principais atópase o Fedo, a 1589 metros.

DE Visuña ó Couto.
…………
Se a neve apura
do Couto ó souto
en dereitura.

Ou por Lago ós Chaos de Outeiro
por en de frente do Fedo
por debaixo de Campelo
polo Real do Carbedo de cara o torrepenelo
cara o castelo rocheiro
no que inda está Dona Ildara
posta na fiestra para Tara
vendo o camiño i o Lor
anque sin ver que se move
oindo o ampre rumor
que do val ate ela sabe
e atendendo ó seu señor.
O mesmo que ó outro lado
pola banda da Seara
nun covallo anseiosa
agarda Dona Briosa.
Ambas agardan por el
entre aldeas lenes fumes
/a coor do ucedo nos cumes /
cal se agarda no Courel.

Fedo