Faro

No corazón de Galicia atópase a Serra do Faro, serra que divide as provincias de Pontevedra e Lugo. O seu punto máis alto é o Monte do Faro de 1181 m e nel divídense os municipios de Rodeiro e Chantada. A escasos metros deste, sobre outro promontorio de 1155 m, xa no concello lucense de Chantada, localízase o Campo da Festa, onde se encontran a Ermida da Nosa Señora do Faro.

ENCONTRAR o Cebreiro atrancado
e ciar pola neve derrotada.
Esbarar ó Valcarcel en irado
volver por Vilafranca a Ponferrada.
Valdiorres Petín Montefurado
Torrenovais Quiroga i a Labrada.
Barxa de Lor Brollón Monforte alzado
cercado pola propia mirada.
Bóveda Oural e Sarria. Retomado
o Camiño trala longa rodeada.

Valdiorres Petín Montefurado
Torrenovais Quiroga i a Labrada.
Barxa de Lor Monforte Tor Chantada.
Atrousar polo Faro neve xeada.

Rodeiro Lalín Silleda de tirada
e ter o Pico Sacro en de lado
despois da máis longa derivada.
Mirar todo branco alisado
hastra mesmo Santiago a nevarada.

Faro