Esperante

Parroquia pertencente ao municipio de Folgoso do Courel situada entre Seoane e Visuña próxima ao castelo de Carbedo. A súa igrexa do século XVII, posúe unha imaxe barroca de San Pedro, outra da Virxe do século XVIII e no retablo maior hai unha Cruz de Santiago que foi restaurada fai pouco tempo.

DO Carbedo i Esperante
su Mostad a Pontalor
cara Pacios do Señor
o da torre de levante.

Grandalonga i o Hospital
pro Cebreiro por Liñares
levando de cara Ancares
esquecido o Grial.

Esperante