Emérita

Con Emérita o autor fai referencia ao nome latino de Mérida, que é unha cidade e concello do suroeste de España, situada na provincia de Badaxoz. É a capital da comunidade autónoma de Estremadura e sede das súas institucións de goberno. Cunha poboación de 57.797 habitantes (2011) é a terceira cidade máis poboada da rexión por detrás das capitais provinciais, Badaxoz e Cáceres. Foi unha importante colonia romana, fundada no ano 25 aC polo emperador Augusto baixo o nome de Augusta Emerita, que exerceu de capital da provincia de Lusitania.

Lucus Augusti

ROMANA i episcopal
a antiga capital
na rota nova daquela
tirada dende ou cara ela
cara Brácara i Emérita
sin pensar de ser pretérita.

Emérita