Douro

O Douro é un río do noroeste da península ibérica. Nace no lado sur do pico Urbión, a uns 2160 m sobre o nivel do mar, e desemboca no océano Atlántico no estuario de Oporto. Ten 897 km de largo con 572 de recorrido no territorio español, 213 navegables por terras portuguesas (canal de navegación do Douro) e 112 km de carácter internacional, ao estar situada sobre el a fronteira entre ambos países.

Lenda de Alfonso II

DE Mogoxe a Sobredo
de Sobredo a Seceda
e pola rota segreda
para as Asturias de Oviedo.

Eran seis os cabaleiros
seis os cabaleiros seis
os pares entre os primeiros
os que cambean os reis.

Posto en morada escondida
en terra tan arredada
¿cómo a súa estada?
¿cándo a súa partida?

Sen escolta n-escudeiros
polo Courel sól-os seis.

Cando deixou o Courel
seu escondite de neno
solos ollos que o ven
pregan por il en silencio:

Don Alifonso II
que reines por moito tempo
que gañes ate o Douro
e chegues ate o Texo.

Douro