Doncos é unha parroquia e unha aldea do concello das Nogais na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. Tiña 198 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 90 homes e 108 mulleres. É coñecida pola famosa Torre de Doncos e por ser un lugar de paso da antiga Nacional VI.
Doncos
E por Sampedro baixar
pola Pousada do Tordo
por Doncos pasado xordo
ás Nogais. Eilí parar.
A que unha pousa cabia.
Troita feita do Connavia
fritida sin máis avío
i o ío-ío do río.

A rota do carnabudo
VOLTA a Doncos i ó Cebreiro.
Coma polacos pousados
as pallozas i os lousados
aló no alto cimeiro.