Dona Ildara

Personaxe literario da poesía e dos contos de Novoneyra situado no Castelo de Carbedo, fortaleza de orixe medieval situada preto do lugar de O Carbedo, na parroquia de Esperante, no concello de Folgoso do Courel, na provincia galega de Lugo.

DE Visuña ó Couto.
…………
Se a neve apura
do Couto ó souto
en dereitura.

Ou por Lago ós Chaos de Outeiro
por en de frente do Fedo
por debaixo de Campelo
polo Real do Carbedo de cara o torrepenelo
cara o castelo rocheiro
no que inda está Dona Ildara
posta na fiestra para Tara
vendo o camiño i o Lor
anque sin ver que se move
oindo o ampre rumor
que do val ate ela sabe
e atendendo ó seu señor.
O mesmo que ó outro lado
pola banda da Seara
nun covallo anseiosa
agarda Dona Briosa.
Ambas agardan por el
entre aldeas lenes fumes
/a coor do ucedo nos cumes /
cal se agarda no Courel.

Dona Ildara

NO Carbedo Dona Ildara
Dona Briosa na Seara
Lucenza campa cimeira
a Devesa da Rogueira
Mogoxe Torre Cabreira
entre a Cova da Gralleira
i a Fonte
de Ricamonte
Seoane da Ferrería
Meiraos de Santa María
i entre Vilela e Piñeira
a Toca
e a lousa que tapa a boca
das olas d-ouro
do mouro.
Moreda cazcalla solta
e nun rechao asentada
Parada
onde a terra dá a volta.

Dona Ildara

DO Sil da ribeira quente
por Córgomo e San Vicente
ou por Cernego ó Robledo
polo Rebolo á Seara
por onde o Selmo comenza
e a Parada por Lucenza
ou por Visuña ó Carbedo
Castelo de Dona Ildara.

Dona Ildara Castelo de Dona Ildara