San Martiño de Cruzul é unha parroquia que se localiza no concello de Becerreá. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 81 habitantes, distribuídos en tres entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999, cando tiña 80 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 79 habitantes, sendo 42 homes e 37 mulleres. É coñecido pola súa ponte sobre o río Navia.
Cruzul
E por Cruzul ó baixar
ó desdeixe de tornar
por onde antes se ía
/perta cincha ceibe cinto /
volta a volta tira vía
encontrar el encontrar o labirinto
que a defensa facía/Os Grobos/
Manuel de Neira cando era
alcalde desta alcaldía
antes de Pardo de Vera
il mesmo mo mostraría
cando consigo me leva
nas voltas que se traguía
como abogado da gleba.