Couto

No municipio lucense de Folgoso do Courel atópase o porto de Alto do Couto. Unha das formas máis sinxelas de chegar a este porto é dende Quiroga en dirección a Folgoso do Courel e recorrendo 33 quilómetros para chegar a Seoane do Courel. Nesta última poboación hai que abandonar a LU-651 dirección á estación científica del Courel. Desde este cruce só hai que baixar uns mil cincocentos metros ata unha ponte sobre o río Lor.Neste lugar atópase a Micro-reserva do Alto do Couto que forma parte da Rede Gallega de Microrreservas e no Monte Veciñal en Man Común de Visuña. Con este proxecto preténdese protexer e conservar as orquídeas e outras especies pratenses de O Courel, debido ao proceso de abandono que están sufrindo estas zonas pola perda das actividades gandeiras tradicionais.

DE Visuña ó Couto.
…………
Se a neve apura
do Couto ó souto
en dereitura.

Ou por Lago ós Chaos de Outeiro
por en de frente do Fedo
por debaixo de Campelo
polo Real do Carbedo de cara o torrepenelo
cara o castelo rocheiro
no que inda está Dona Ildara
posta na fiestra para Tara
vendo o camiño i o Lor
anque sin ver que se move
oindo o ampre rumor
que do val ate ela sabe
e atendendo ó seu señor.
O mesmo que ó outro lado
pola banda da Seara
nun covallo anseiosa
agarda Dona Briosa.
Ambas agardan por el
entre aldeas lenes fumes
/a coor do ucedo nos cumes /
cal se agarda no Courel.

Couto