Corullón

Corullón é un municipio e localidade de El Bierzo, na provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León, España. É un dos municipios leoneses nos que se fala galego.O municipio de Corullón esténdese sobre unha parcela da comarca de El Bierzo e ocupa uns 83 quilómetros cadrados aproximadamente, próximo á provincia galega de Ourense.Aínda que existen castros e xacementos que son testemuña de asentamentos de poboacións prehistóricas na zona, a Idade Media parece situar a orixe de Corullón, cando numerosas ordes relixiosas poboaron a zona de El Bierzo de mosteiros, ademais de establecerse o coñecido Camiño de Santiago polas mesmas datas.De entre os varios atractivos do municipio, resultan de especial interese o Castro de San Sadurnín, xacemento importante de Corullón, o Miradoiro de Corullón, desde onde contemplar unha sobrecolledora paisaxe, e a Igrexa de San Sebastián, construción que data de finais do século XI, de estilo románico.

ENCONTRAR no Cebreiro a atrancada:
neve folga no tourón basada.
De polvoriña e xistra rexeitado
á Faba i a Lagúa a arrecadadas.
Esbarar ó Valcarcel en irado
a favor das barras aguzadas.
Repetidas súpetas petadas
entre piornos tornos xestas
hastra o val das augas batanadas.

Das Ferrerías á Veiga i Ambasmestas.
Volver por Vilafranca á empinada
por Corullón e Oencia /por Vilarrubín
a Ferramulín /pasadas Vilarrubín
Ferramulín Horreos pechado /
Hastra a Boca do Couto i a Parada.

Por Savane á Pedra nova remontada
cruzando o Courel de lado a lado.
E por Lóuzara /Padrocelos de Martín
trovador / Hastra Samos. Retomado
o Camiño tra-la corta rodeada.

Corullón