Na Devesa da Rogueira, a xoia ecolóxica da serra do Courel encóntranse as Fontes do Cervo, dous chorros que emanan da roca: un incoloro de augas calcarias e outro máis vermello de augas ferruxinosas. Tamén eran coñecidas como Fontes da fame pola xente local, que bebía delas para abrir o apetito. Debido á combinación de minerais tamén se lles atribúen outras propiedades medicinais.
Cortello dos Cervos
POR Cernego ó Robledo
i a Devesa do Rebolo
polo cerengo seguido
camiño cimeiro ee solo
Covallos como o da Dona
e que veña o que queira
ir ó Cortello dos Cervos
á Campa e a Rogueira.