Connavia ou Sunavia é o nome que recibe o curso do río Navia entre o seu nacemento, en Busnullán (Concello de Pedrafita do Cebreiro), e Becerreá, onde se xunta co cauce do río Cruzul e pasa a denominarse río Navia ata a súa desembocadura no Cantábrico.
Connavia
E por Sampedro baixar
pola Pousada do Tordo
por Doncos pasado xordo
ás Nogais. Eilí parar.
A que unha pousa cabia.
Troita feita do Connavia
fritida sin máis avío
i o ío-ío do río.