Pardo de Cela foi un mariscal galego nado en Betanzos en 1425 e decapitado diante da Catedral de Mondoñedo por mandato do gobernador do reino nomeado polos Reis Católicos mentres a súa dona, que portaba o perdón real, era entretida na Ponte do Pasatempo segundo a lenda. Pardo de Cela é aínda hoxe un símbolo nacional en Galicia.
Conde Santo
VINDO do Santiago de Compostela
pro Courel proseguir o tempo de Ero
e Manuel para Lugo co pantalón faldón
que veu tralo de boca de cadela.
Rodeando pola Coruña Betanzos Monfero
e Vilalba con Manuel /O Cuadramón!
Mar ó Norde/ por camiño de Oviedo
para ver a Álvaro mesmo en Mondoñedo.
Entre penedos por chousas
levounos á ara antiga
e dalí ó Santuario.
Sin oración nin rosariosin
bico de crucifixocada
un pida tres cousase
que en silencio llas diga.
E fixen o que nos dixo.
Na tumba do Conde Santo
a mao debaixo lle poño.
Canto pedín houben tanto
a pura forza de soño.
1955