Chaos de Outeiro

Chaos de Outeiro é un microtopónimo que fai referencia a unha área entre a aldea de Moreda e a de Campelo, preto da Devesa da Rogueira.

DE Visuña ó Couto.
…………
Se a neve apura
do Couto ó souto
en dereitura.

Ou por Lago ós Chaos de Outeiro
por en de frente do Fedo
por debaixo de Campelo
polo Real do Carbedo de cara o torrepenelo
cara o castelo rocheiro
no que inda está Dona Ildara
posta na fiestra para Tara
vendo o camiño i o Lor
anque sin ver que se move
oindo o ampre rumor
que do val ate ela sabe
e atendendo ó seu señor.
O mesmo que ó outro lado
pola banda da Seara
nun covallo anseiosa
agarda Dona Briosa.
Ambas agardan por el
entre aldeas lenes fumes
/a coor do ucedo nos cumes /
cal se agarda no Courel.

Chaos de Outeiro

DE San Romao de Parada
ate o Cebreiro ofrecidos
os amantes en silencio
mirándose de contino.

Por Moreda ós Chaos de Outeiro
polo castelo rocheiro
su Mostaz a Pontalor
e por Pacios do Señor
por San Roque ó Cebreiro.

Por Campelo e Chan de Pena.

Polo Real de Parada

por onde baixaba a vena
para Savane. E por Piñeira
entre a Toca i a Louseira
cara Pacios por Lousada
Fondestela ou Valorqueira.

Chaos de Outeiro