Chan de Pena é un lugar da parroquia de Lousada no concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 26 habitantes (18 homes e 8 mulleres).Lousada pertence ao concello de Pedrafita do Cebreiro e está situada a uns 891 m. de altura.
Chan de Pena
DE San Romao de Parada
ate o Cebreiro ofrecidos
os amantes en silencio
mirándose de contino.
Por Moreda ós Chaos de Outeiro
polo castelo rocheiro
su Mostaz a Pontalor
e por Pacios do Señor
por San Roque ó Cebreiro.
Por Campelo e Chan de Pena.
Polo Real de Parada
por onde baixaba a vena
para Savane. E por Piñeira
entre a Toca i a Louseira
cara Pacios por Lousada
Fondestela ou Valorqueira.
Dendes de Pacios
POR Fontes e Grandalonga
ó Chao de Veiga de Forcas
a Fonlor e Fonteboa
por Rubiais a Zanfoga
Brañas e Fonteformosa.
Polos Arcos a Trabazas
a Sixto e Chan de Pena
a Sampedro e Riucereixa
e pararse na lembranza
do famoso Sinchaqueta.
Por Lousada a Noceda
por Santalla a Rabaceira
polo Seixo a Louzarela.