Cernego

San Víctor de Cernego é unha parroquia que se localiza no oeste do concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras na comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2014 tiña 32 habitantes (15 homes e 17 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación. En 2004 tiña 64 habitantes (36 homes e 28 mulleres), 2 máis ca en 1999.

DA Rúa a Vilamartín
por Cernego ó Robledo
da vide ó castiñeirodo
castiñeiro ó ucedo.

A terra dos camiños
que baixan das montañas
apousa nos pociños
enriba das raigañas.

Cernego

POR Cernego ó Robledo
i a Devesa do Rebolo
polo cerengo seguido
camiño cimeiro ee solo

Covallos como o da Dona
e que veña o que queira
ir ó Cortello dos Cervos
á Campa e a Rogueira.

Cernego

DO Sil da ribeira quente
por Córgomo e San Vicente
ou por Cernego ó Robledo
polo Rebolo á Seara
por onde o Selmo comenza
e a Parada por Lucenza
ou por Visuña ó Carbedo
Castelo de Dona Ildara.

Cernego


DE Cernego ó Robledo
do Robledo á Seara
da Seara a Lucenza
de Lucenza a Parada.

Rodeira fonda na pena
que grabou a cantarena
dos carretos nas petadas
e sulas uces que ulías
pola que xa nadie pasa!
Baixan sólo as nevadas
por onde baixou a vena
o carbón das ferrerías
i a lousa da miña casa.