Carbedo

Castelo tipo fortaleza militar, situado a 930 m. de altura, erguido sobre unha rocha de más de 20 m. de altura no municipio de Folgoso del Courel. O castelo está situado a uns 500 m. da aldea de O Carbedo, non se coñece exactamente a súa orixe pero no ano1550 xa foi mencionado polo licenciado Molina que o denomina ‘Fortaleza do Courel’. Pertenceu a Don Nuño Peláez, que máis tarde o entregou aos Cabaleiros da Orde de Santiago. Actualmente consérvanse restos dos muros, parte dunha torre circular e un alxibe.Conta a lenda que no castelo de Carbedo residía Dona Ildara e o Conde de Lemos viña a visitala. Algúns poemas de Uxío Novoneyra fan referencia a Doña Ildara.

DE Visuña ó Couto.
…………
Se a neve apura
do Couto ó souto
en dereitura.

Ou por Lago ós Chaos de Outeiro
por en de frente do Fedo
por debaixo de Campelo
polo Real do Carbedo de cara o torrepenelo
cara o castelo rocheiro
no que inda está Dona Ildara
posta na fiestra para Tara
vendo o camiño i o Lor
anque sin ver que se move
oindo o ampre rumor
que do val ate ela sabe
e atendendo ó seu señor.
O mesmo que ó outro lado
pola banda da Seara
nun covallo anseiosa
agarda Dona Briosa.
Ambas agardan por el
entre aldeas lenes fumes
/a coor do ucedo nos cumes /
cal se agarda no Courel.

Carbedo

NO Carbedo Dona Ildara
Dona Briosa na Seara
Lucenza campa cimeira
a Devesa da Rogueira
Mogoxe Torre Cabreira
entre a Cova da Gralleira
i a Fonte
de Ricamonte
Seoane da Ferrería
Meiraos de Santa María
i entre Vilela e Piñeira
a Toca
e a lousa que tapa a boca
das olas d-ouro
do mouro.
Moreda cazcalla solta
e nun rechao asentada
Parada
onde a terra dá a volta.

Carbedo

DO Sil da ribeira quente
por Córgomo e San Vicente
ou por Cernego ó Robledo
polo Rebolo á Seara
por onde o Selmo comenza
e a Parada por Lucenza
ou por Visuña ó Carbedo
Castelo de Dona Ildara.

Carbedo

DO Carbedo i Esperante
su Mostad a Pontalor
cara Pacios do Señor
o da torre de levante.

Grandalonga i o Hospital
pro Cebreiro por Liñares
levando de cara Ancares
esquecido o Grial.

Carbedo



DE Parada ou do Carbedo
á Ferrería e Mogoxe
perto do río i a fonte
perto do corte do monte
seguindo a rota de hoxe
e collendo a de onte
na entalada do medo.

Carbedo

Dendes de Pacios

POR Fontes e Grandalonga
ó Chao de Veiga de Forcas
a Fonlor e Fonteboa
por Rubiais a Zanfoga
Brañas e Fonteformosa.

Polos Arcos a Trabazas
a Sixto e Chan de Pena
a Sampedro e Riucereixa
e pararse na lembranza
do famoso Sinchaqueta.

Por Lousada a Noceda
por Santalla a Rabaceira
polo Seixo a Louzarela.

Carbedo