Capeloso

O Capeloso é un monte ubicado entre os concellos de Pedrafita do Cebreiro e Folgoso do Courel, na parte septentrional da Serra homónima e lindando coa provincia de León. O punto máis alto do Monte Capeloso atópase a 1598 metros de altitude e dende alí hai unha bonita panorámica dos montes de ao redor e das aldeas máis próximas, como Zanfoga ou Rubiais.

¡CAPELOSO lomba núa!

E volta para Vilafranca
pola Faba i a Lagúa
a las Ferrerías y a Veiga
as Ferrerías i a Veiga.
Cabalo de ancha anca!
Tropear que o camiño ateiga!

E cos primeiros destelos
coa auga pola rúa
cruzar a vila cal viña
pandeado no cabalo
facendo o canto do galo
O Galo de Val de Fariña
para A Cruz de Cacabelos.

Capeloso