Campelo

Aldea situada a 1.130 m. de altura a 9 km. de Seoane á esquerda da estrada a Visuña e Ferramulín.Na ladeira sur do monte de A Labradiña atópase a Sima de Aradelas, a máis profunda de Galicia, con 6 pozos e máis de 142 m. de profundidade. Próxima á cova está a mámoa de Campelo e un bosque de aciñeiras.Esta aldea é coñecida tamén porque nela reside fai máis de 50 anos Anxeliña do Baño Crespo ‘A Birindadora’ nacida na aldea de Mostaz, unha das poucas cantareiras e birindadoras de O Courel, que canta na Filandón de Músicas do Courel.

DE Visuña ó Couto.
…………
Se a neve apura
do Couto ó souto
en dereitura.

Ou por Lago ós Chaos de Outeiro
por en de frente do Fedo
por debaixo de Campelo
polo Real do Carbedo de cara o torrepenelo
cara o castelo rocheiro
no que inda está Dona Ildara
posta na fiestra para Tara
vendo o camiño i o Lor
anque sin ver que se move
oindo o ampre rumor
que do val ate ela sabe
e atendendo ó seu señor.
O mesmo que ó outro lado
pola banda da Seara
nun covallo anseiosa
agarda Dona Briosa.
Ambas agardan por el
entre aldeas lenes fumes
/a coor do ucedo nos cumes /
cal se agarda no Courel.

Campelo

DE San Romao de Parada
ate o Cebreiro ofrecidos
os amantes en silencio
mirándose de contino.

Por Moreda ós Chaos de Outeiro
polo castelo rocheiro
su Mostaz a Pontalor
e por Pacios do Señor
por San Roque ó Cebreiro.

Por Campelo e Chan de Pena.

Polo Real de Parada

por onde baixaba a vena
para Savane. E por Piñeira
entre a Toca i a Louseira
cara Pacios por Lousada
Fondestela ou Valorqueira.

Campelo