A Lagoa da Lucenza é unha lagoa de orixe glaciar situada sobre os 1.420 m. de altura na cara sur de Formigueiros e a uns 2,5 km. da aldea de A Seara (Quiroga) na Sierra do Courel. Se seguimos ascendendo dende ela chégase a unha zona máis chá a uns 1500m de altitude coñecida co nome de Campa da Lucenza.
Campa
POR Cernego ó Robledo
i a Devesa do Rebolo
polo cerengo seguido
camiño cimeiro ee solo
Covallos como o da Dona
e que veña o que queira
ir ó Cortello dos Cervos
á Campa e a Rogueira.
Á Pena das Augas Brancas
mañá domingo de alba
pordeus amigo que vaias!
E catarémolas augas.
Ó bosque do corzo esguízaro
mañá de alba en domingo
pordeus que vaias amigo!
E catarémolas augas
que nacen ó pe da pena
e iremos á Lucenza
a amolegala campa. 1954