Cabe

O río Cabe é un río da provincia de Lugo, Galicia, España, afluente do río Sil. Ten unha lonxitude de 56 km e transcorre polos municipios do Incio, A Pobra de Brollón, Monforte de Lemos, Pantón e Sober. Ocupa unha extensión de 1577 hectáreas, tendo grandes problemas de contaminación nalgunhas áreas da metade sur do seu percorrido. É o río que baña Monforte de Lemos, localidade moi vinculada a Uxío Novoneyra.

CABE da vella ponte río amigo
anque te sigo Cabe no me emborco
i ó verte como entonces dixen dígo-
che cos ollos: Fremoso río sucio!

Cabe