Bóveda

Bóveda é unha vila e municipio español situado no sur da provincia de Lugo, na comunidade autónoma de Galicia. Pertence á comarca da Terra de Lemos e ao partido xudicial de Monforte de Lemos.Se trata de unha zona de transición entre o Val de Lemos e a montaña. Ten un relevo montañoso, chegando a alcanzar os 689 metros na súa zona occidental, no monte Couso. O resto do municipio ten unha altitude media de 450 metros.

ENCONTRAR o Cebreiro atrancado
e ciar pola neve derrotada.
Esbarar ó Valcarcel en irado
volver por Vilafranca a Ponferrada.
Valdiorres Petín Montefurado
Torrenovais Quiroga i a Labrada.
Barxa de Lor Brollón Monforte alzado
cercado pola propia mirada.
Bóveda Oural e Sarria. Retomado
o Camiño trala longa rodeada.

Valdiorres Petín Montefurado
Torrenovais Quiroga i a Labrada.
Barxa de Lor Monforte Tor Chantada.
Atrousar polo Faro neve xeada.

Rodeiro Lalín Silleda de tirada
e ter o Pico Sacro en de lado
despois da máis longa derivada.
Mirar todo branco alisado
hastra mesmo Santiago a nevarada.

Bóveda