Betanzos

Betanzos é un concello e cidade da provincia da Coruña, pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 12.941 habitantes (13.352 no 2015, 13.673 no 2010). Betanzos foi unha vila creada polo rei Afonso IX, tras aceptar en 1219 o traspaso da poboación de Betanzos O Vello ao lugar de Castro de Untia. Betanzos viviu o seu auxe no baixo medievo, medrando polo comercio da pesca, o viño e dos fornos, e nela instauráronse fidalguías e gremios importantes.Foi declarada cidade do Reino de Galicia polo rei Henrique IV en 1465. Betanzos foi capital de provincia entre os séculos XVI e XVIII. Unha vila importante para Uxío Novoneyra, quen adicou varios poemas á festividade dos Caneiros.

VINDO do Santiago de Compostela
pro Courel proseguir o tempo de Ero
e Manuel para Lugo co pantalón faldón
que veu tralo de boca de cadela.

Rodeando pola Coruña Betanzos Monfero
e Vilalba con Manuel /O Cuadramón!
Mar ó Norde/ por camiño de Oviedo
para ver a Álvaro mesmo en Mondoñedo.

Entre penedos por chousas
levounos á ara antiga
e dalí ó Santuario.
Sin oración nin rosariosin
bico de crucifixocada
un pida tres cousase
que en silencio llas diga.

E fixen o que nos dixo.

Na tumba do Conde Santo
a mao debaixo lle poño.
Canto pedín houben tanto
a pura forza de soño.

1955

Betanzos