Asturias

O Principado de Asturias é unha comunidade autónoma uniprovincial de España. Bañada ao norte polas augas do mar Cantábrico, limita ao oeste coa provincia de Lugo (Galicia), ao sur coa provincia de León (Castela e León) e ao leste con Cantabria. Recibe o nome de Principado por razóns históricas, ao ostentar o herdeiro da Corea de Castela e, por extensión, da Corona de España o título nobiliario de «príncipe de Asturias», establecido por Juan I de Castela no ano 1388. Oviedo é, segundo o Estatuto de Autonomía, sede das institucións do Principado de Asturias;la cidade máis poboada da rexión é Gijón.

Lenda de Alfonso II

DE Mogoxe a Sobredo
de Sobredo a Seceda
e pola rota segreda
para as Asturias de Oviedo.

Eran seis os cabaleiros
seis os cabaleiros seis
os pares entre os primeiros
os que cambean os reis.

Posto en morada escondida
en terra tan arredada
¿cómo a súa estada?
¿cándo a súa partida?

Sen escolta n-escudeiros
polo Courel sól-os seis.

Cando deixou o Courel
seu escondite de neno
solos ollos que o ven
pregan por il en silencio:

Don Alifonso II
que reines por moito tempo
que gañes ate o Douro
e chegues ate o Texo.

Asturias