Arzúa

Arzúa é unha vila e municipio español situado na parte sur-oriental da provincia de A Coruña, na comunidade autónoma de Galicia. Coñecida como a ‘terra do queixo’ en referencia ao queixo elaborado con leite de vaca da denominación de orixe Arzúa-Ulloa.Arzúa é unha das últimas etapas do Camiño de Santiago. Aquí conflúen o camiño francés e o camiño do norte.A localidade debeu de ter un intenso pasado xacobeo, aínda que resistiron poucas pegadas do mesmo. Consérvase a memoria dun espazo hospitalario vinculado á capela e convento de A Magdalena, fundada por tres relixiosos chegados do convento de Sarria, tamén no Camino Francés galego e rexido nos seus primeiros anos por peregrinos italianos (s. XIII).

PASADAS tódalas Francias
por Ocitania ou Gascuña
ou de París a Iruña
xa diluidas distancias.
A Aragón por Cataluña
ou polo Norte por Son.
En pasádalas Navarras
as cadeas e as barras.
Pasados León e Castela
por Castela a León.
En pasado Monte Irago
e xa na Lingua de Galicia
Ponferrada e Vilafranca
deixando a chaira estanca
enas mesmas portas dela.
O Valcarce e sin perguicia
/as penas de garamela/
apeitar para o Cebreiro
polo marcado carreiro
que a neve volve vago.
Encarar o porto incerto
o longo cerengo aberto.
A un lado i autro del
todo o horizonte en vela
os Ancares i o Courel.
Pasada Triacastela
do Iribio as faldras fago.
E por Samos Sarria a Lugo.
Oh Lugo a ti me adugo
e sólo por ti me arredo
que ben mereces desandes!
Ver a Ponte a antiga vía
a Muralla a Catedral
de Dona Santa María
o Coro e o Grial.
E ver fincadas rezar
coma co antigo medo
poñer a súa alma núa
didiante dos Ollos Grandes.
E despois de rodear
de rodear e de estar
que non se fai o camiño
sólo para rematar
cruza e debruza no Miño:
Portomarín sulo lago.
Palas Melide Arzúa
E logo xa Compostela
/Monxoi! Eoi! Ei Santiago /
e pararme á vista dela
mirar como eu o fago.

1993

Arzúa