A ría de Arousa é a máis grande das rías de Galicia. Forma parte das Rías Baixas e está situada entre a península do Barbanza (provincia da Coruña) ao norte, e a península do Salnés (provincia de Pontevedra) ao sur. É famosa pola súa riqueza mariñeira e as súas praias. Os lugares máis destacables son A Illa de Arousa, co parque natural de Carreirón, as illas de Cortegada e Sálvora, que son parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas e O Grove coa illa da Toxa. Régana os ríos Ulla e Umia. As poboacións máis importantes son Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo ao norte e Vilagarcía, Vilanova, Cambados e O Grove ao sur.
Arousa
VIÑEN a Arousa ó mar.
Non podo parar de ollar.
.
ASPRA Pena de Tanxil
onde sempre me sentaba
para o mar sólo co-il
ata que me arrodeaba!
.
UNHA pebida redonda
luida onda a onda
bruñida que non vencida.
Unha pebida redonda
ben polida pola vida.