Arcos

Arcos é un microtopónimo que fai referencia a un eido de terra que se encontra entre Pontalor e Pacios e que teña forma de pedra tallada, preto do rí Lor, no extremo nororiental da Serra do Courel, xa no concello de Pedrafita, unha xeografía de particular importancia no ámbito íntimo do autor por ter a familia materna nese lugar.

MANXAR memoria! Ir ó Courel oir falar a Terra
á Devesa da Rogueira
catar as augas e oler o bosque da árbore primeira
i á Campa da Lucenza onde o silencio berra.

.

TROITAS do Lor!
Mel doce agre sabor!
Carneiro e cabrito!
Hovos en pan frito!
Chourizo a cinsa en papel mollado!
Xamón curado
asado a brasa ou cocido enteiro
no caldeiro!
A pata fora saca
saca fora a pata.
Corza fresca o queixo de farraca!
Frebas costrelas filloas da mata!

Trigo gris
do país
e augardente de arandos
ós candos!

Castañas secas cocidas
asadas ou en burgó
e un bo
quiroga bierzo ou valdiorres de marcas ou de
/           casas coñecidas
que amais do que se leva gardan ritos pausas
/           perdidas!

Arcos