Ambasmestas

Ambasmestas é unha localidade do municipio de Vega de Valcarce na comarca de El Bierzo, provincia de León, Comunidade Autónoma de Castela e León, España.O seu nome oficial, en galego, na súa tradución ao castelán, pode entenderse como mestura de augas, similar a outros pobos chamados Trambasaugas ao confluír nos seus lindes as augas dos ríos Valcarce e Balboa. Atópase situada no Camiño de Santiago, é lugar de paso da Nacional VI e da autovía A-6 Madrid-A Coruña.A igrexa da localidade está dedicada a San Pedro Apóstolo.

ENCONTRAR no Cebreiro a atrancada:
neve folga no tourón basada.
De polvoriña e xistra rexeitado
á Faba i a Lagúa a arrecadadas.
Esbarar ó Valcarcel en irado
a favor das barras aguzadas.
Repetidas súpetas petadas
entre piornos tornos xestas
hastra o val das augas batanadas.

Das Ferrerías á Veiga i Ambasmestas.
Volver por Vilafranca á empinada
por Corullón e Oencia /por Vilarrubín
a Ferramulín /pasadas Vilarrubín
Ferramulín Horreos pechado /
Hastra a Boca do Couto i a Parada.

Por Savane á Pedra nova remontada
cruzando o Courel de lado a lado.
E por Lóuzara /Padrocelos de Martín
trovador / Hastra Samos. Retomado
o Camiño tra-la corta rodeada.

Ambasmestas