Decembro 7, 2020

Nun convento de eiquí en que os frades non falan galego

by Ametomitico in
Nun convento de eiquí en que os frades non falan galego

Nun convento de eiquí en que osfrades non falan galego

IA deixar un recado
ena porta dun convento.
Frai Cicerone apurado
nin se detuvo un momento.
Leva un fato interesado
en mirar o moimento
i el só posto embizcado
en cobrar o emolumento.

I…

O recado inda non dado
eu teimei un novo intento
falei con outro reglado
en un algo máis atento.
Ó non ser modificado
foi que deñei no acento
i en que polo idioma usado
gañeime o rexeitamento.

I…