Dicía Pero de Ambroa
O que queira gardar dona
se é que non se garda ela
que non a escolla de sona
que calada a teña sigo
se é que quere retela
para que a el só lle diga: Amigo
ningún millor que ti fora
ena máis íntima hora.
Que duas bocas te sorban
e que ellas señan miñas
hastra cegarche as miniñas
o relustro dos humores.
De pé prono peito ou lado
sempre o atopas doado
cando a malos amadores
“ate os pelos lles estorban”.