Toca

A mina da Toca é unha escavación aurífera romana enclavada entre os pobos de Piñeira e Vilela. Preséntase coma un impresionante corte na ladeira, de gran profundidade, no que aínda se poder ver restos das obras romanas de explotación, polo sistema de ‘Ruina Montium’. Monte abaixo desta mina hai unha gran mole de escombros, froito da explotación do ouro que encerraba.

NO Carbedo Dona Ildara
Dona Briosa na Seara
Lucenza campa cimeira
a Devesa da Rogueira
Mogoxe Torre Cabreira
entre a Cova da Gralleira
i a Fonte
de Ricamonte
Seoane da Ferrería
Meiraos de Santa María
i entre Vilela e Piñeira
a Toca
e a lousa que tapa a boca
das olas d-ouro
do mouro.
Moreda cazcalla solta
e nun rechao asentada
Parada
onde a terra dá a volta.

Toca

DE San Romao de Parada
ate o Cebreiro ofrecidos
os amantes en silencio
mirándose de contino.

Por Moreda ós Chaos de Outeiro
polo castelo rocheiro
su Mostaz a Pontalor
e por Pacios do Señor
por San Roque ó Cebreiro.

Por Campelo e Chan de Pena.

Polo Real de Parada

por onde baixaba a vena
para Savane. E por Piñeira
entre a Toca i a Louseira
cara Pacios por Lousada
Fondestela ou Valorqueira.

Toca

POLA Louseira i a Toca
por Valorqueira i o Castro
seguindo o antigo rastro
por onde o Norte emboca.

Ver a Casa do Señor
que desfigurada morre
a da eirexa por torre
a do dobre mirador.

E volta para o Cebreiro
á ermida que foi mosteiro.

Toca